Friday 17 de May de 2024

O Concello de Cariño abre o proceso para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de operarios


O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 14 de xullo.
O Concello de Cariño acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP). as bases e convocar o proceso para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de operarios e operarias de servizos múltiples. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 14 de xullo e poderase facer no Rexistro en horario de 9 a 14 horas.
A bolsa estará formada por unha lista na que os e as aspirantes que superen o correspondente proceso de selección figurarán por orde de valoración para o seu posterior chamamento. As persoas que formen parte da bolsa, que permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2022, poderán ser contratadas como persoal laboral con carácter temporal e a duración do seu contrato establecerase conforme ás necesidades do Concello ou das subvencións que o poidan financiar.